EGOGRAFÍA

Baixo o sorriso deste gato quérese esconder Juan Castro, soñador de moitas cousas, aprendiz dalgunhas delas, e profesional de case ningunha.

Para que logo digan que os nenos non veñen de París, aí foi onde nacín en agosto do 82, minutos antes dun eclipse de Lúa. Xa sei quei isto só ten valor anecdótico, pero na miña carta astral queda precioso...
Ós dez anos partín o meu corazón en dous e deixei un cachiño xunto ó Sena, aval dun regreso prometido que vai esculpindo mentres tanto o meu futuro. O outro trozo tróuxeno comigo para Compostela, a esta aldeíña universal, ás veces cárcere de pedra, outras vórtice ás estrelas.

Estudiei un ano de psicoloxía para decatarme de que esa carreira me ía mellor como paciente que como profesional. Por iso seguramente me cambiei a xornalismo, segundo lendas urbanas líder en infinidade de estadísticas funestas (divorcios, suicidios, esquizofrenia, amizade con políticos...).

Gústame dicir que son da Xeración LOU, aquela quinta de universitarios que comezou a carreira gritando a todo pulmón contra a Lei de Ordeación Universitaria e a acabou gritando en silencio contra o horror do 11 de Marzo. E no medio, o noso corazón chorou bágoas de fuel sobre a area e de sangue por unha guerra inxusta como todas pero mediática como ningunha. Ademáis, para o epílogo deste cuatrienio que espertou do seu letargo á sociedade civil, tivemos a oportunidade de escribir o epitafio político do señor Fraga.

Tras catro anos , os meus soños inmediato parecen querer debuxarse en dixital. Isto débese en boa medida a que no camiño se cruzaron algúns magníficos arquitectos da información como Alberto Cairo, Manuel Gago ou Xosé Pereira (buscádeos na web que non necesitan a miña publicidade) Gracias a eles vou descubrindo o poder da aranheira global e do multimedia, ademáis de que á Beleza tamén lle gusta xogar ó escondite na programación informática. De tódolos xeitos, eu, máis que arquitecto, preferiría ser escultor; pena que o mármol no s.XXI tampouco sexa barato...

Comparto ilusións e esperanzas cun dos grupos máis reflexivos, críticos e talentosos que deberon parir a Comunicación e o Xornalismo galego. Nomes como Marcos Ferro, Anxa Correa, Pablo Fernández ou Silvia Canabal son descoñecidos hoxe pero as súas neuronas contribuirán a unha Nova Orde. Dádelle tempo e veredes. Cando iso ocorra, espero seguir estando ó seu lado. Pena que sexan realmente vagos para dar a coñecer as súas capacidades. Por certo, Silvia, é ademais un dos tres grandes pilares da miña vida, xunto a miña irmá e miña nai. Unha particular Vía Láctea femenina na que moitas veces non me queda outra que xogar a ser mascota. Éche o que che ten o matriarcado...

De pequeno quería ser Peter Pan, para non ter que medrar xamais. O Destino, co seu peculiar sentido do humor, deixoume nun escaso metro sesenta e cinco. Tamén quixen ser leñador de hojalata e Gato de Cheshire. O Tempo será xuiz dos meus soños.

Non teño grandes exemplos vitais, aínda que si noto a gran influencia de filósofos que trastocaron a miña vida. Algúns deles, Cortázar, Nietzsche, Martine (para sempre Tartina, a miña profesora salvadora de 1º de primaria), Chaplin, Beethoven e, por suposto, Homer Simpson.

Gústame sorrir e que me fagan sorrir. Porque o Sorriso, aínda que pareza esvaecerse, sempre permanece esculpido no aire.